Veciños do Grove reunirase co alcalde para esixir que se manteña o dobre sentido en Alexandre Bóveda

O GROVE> Continúan as protestas dos veciños do Grove pola suposta reordenación do tráfico tralas obras da rúa Alexandre Bóveda e do Paseo de Lordelo. A veciñanza non está en contra das obras pero si en que Alexandre Bóveda pase a ser unha rúa de sentido único. Acudiran o domingo á reunión con Cacabelos pero tendo claro que non cederán nas súas reivindicacións.

Este martes o alcalde do Grove saíu ao paso trala polémica xerada coas obras na rúa Alexandre Bóveda e no Paseo de Lordelo. José Antonio Cacabelos asegurou que a actuación non vai provocar cambios importantes no tráfico da vila. Unhas declaracións que para os veciños non son certas. A veciñanza non está en contra das obras, xa que consideran necesarias as melloras nas tubaxes o ancheamento das beirarrúas, pero están en contra de mudar o sentido do tráfico.

O alcalde tamén advertiu que só se eliminarían 14 aparcadoiros, pero a veciñanza considera que son máis.

A veciñanza acudirá o domingo a unha reunión que creen que será tensa.

Tamén teñen claro que se o goberno local non propón alternativas, eles non cederán nas súas reivindicacións.

A pesar da reunión, a veciñanza continúa traballando para unha nova mobilización. Xa activaron os trámites para convocar unha manifestación na subdelegación do goberno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí