Fole acusa a Gago de empregar ‘Luz Salgada’ como estratexia electoral

    VILAGARCÍA > O PP de Vilagarcía acusa ó alcalde Javier Gago de empregar o proxecto Luz Salgada como estratexia electoralista, con vistas ós comicios municipais de 2007. Tomás Fole lembra que o rexedor empregou armas similares hai catro anos, co anunciou da reforma da Mariña e da Praza de Galicia.

    O portavoz do grupo municipal do PP de Vilagarcía, Tomás Fole, considera que o proxecto Luz Salgada responde só a unha estratexia electoral por parte do alcalde Javier Gago. Fole insiste en que esta obra non é considerada prioritaria pola cidadanía.

    O dirixente popular fai memoria e lembra que o rexedor volve a empregar a mesma estratexia electoralista. Recorda que en marzo de 1998, no ano previo ás eleccións municipais do 99, o concello anunciou a reforma da Mariña e da Praza de Galicia que financiou cunha renegociación do convenio suscrito con Espina y Delfín. Fole advirte que ese ano Vilagarcía xa tiña problemas graves de abastecemento e que 8 anos despois seguen sen ter solución. Critica pola tanto que este mes, tamén a un ano de eleccións municipais, o goberno local pretenda que Espina y Delfín financie a mellora do abastecemento e ademais anuncie un proxecto faraónico como o de Luz Salgada.

    Tomás Fole considera que os anos de goberno socialista só serviron para situar Vilagarcía na cola de moitos sectores onde antes era punteira. Así critica que se esqueceran de desenvolver os polígonos industriais creados pola Xunta ou de potenciar o turismo e que converteron a cidade nun caos circulatorio.

    Redacción Salnés