Os patróns maiores de Arousa piden á consellería que non deixen morrer a ría

    Os patróns maiores de Arousa acusan á Consellería de Pesca de deixar morrer a Ría. Nunha rolda de prensa conxunta esta mañá en Carril, pediron á Xunta medidas urxentes para recuperar os produtos da ría, do contrario, despois do verán comezarán as mobilizacións. As cifras son debastadoras. Nos últimos oito anos a produción de berberecho, ameixa fina, volandeira ou vieira na ría de Arousa desplomouse de xeito brutal. Son os alarmantes datos que os patróns maiores da ría quixeron facer públicos esta mañá nunha rolda de prensa desde a confraría de Carril, para reclamar, unha vez máis á consellería, que non deixe morrer esta Ría de Arousa. O patrón maior de Cambados falou en concreto dos casos da volandeira e a vieira. Unha situación que leva anos provocando a perda de centos de traballos. Os patróns piden que se faga o mesmo que co reloxo, un estudo pormenorizado de cada especie, se analicen as causas das baixadas de produción, que están acabando co sector. A patroa de Vilanova explicou a situación da ameixa fina, a ría de Arousa está quedando sen ela. O patrón maior de Rianxo, acusou á consellería dun abandono total da Ría de Arousa, e de deixar morrer os Lombos do Ulla, unha zona da que antigamente vivían moitas familias. Para estes patróns a solución pasaría por un plan que busque recuperar estas especies, algo que levan demandando oito anos. Outra das peticións esenciais do sector é que a Administración aumente o presuposto para a rexeneración da ría. Esta mañá dende as confrarías advertiron de que de non contar cunha resposta razoable por parte de administración para este problema, despois do verán comezarán a estudar outro tipo de medidas e mobilizacións.