O PP de Ribeira urxe a retirada dos coches abandonados ó carón dos Xulgados

RIBEIRA> O PP de Ribeira denuncia a existencia de varios puntos de vertido incontrolados en todo o termo municipal. Un dos máis preocupantes, denuncian os populares, é o depósito de vehículos abandonados a carón dos xulgados.

Tras obter a correspondente autorización por parte do xulgado, solicitose a limpeza da parcela co fin de  que a Dirección Xeral de Xustiza procedera á retirada dos restos dos vehículos. Sen embargo, o PP denuncia a falta de colaboración por parte do executivo.

Os populares instan ó concello a limpar a parcela para poder a axilizar a tramitación co fin de poder erradicar dunha vez por todas un dos puntos de vertidos que maior impacto paisaxístico teñen sobre a imaxe do concello.