A Deputación remata as obras da estrada DP-1.102 de Cespón a Vidres

BOIRO> O presidente da Deputación da Coruña desprazouse ata Boiro para supervisar algunhas das actuacións executadas en estradas do municipio con fondos provinciais.

A actuación máis inmediata foi a reforma da estrada DP-1102 entre Cespón e Vidres que rematou recentemente despois de varios atrancos derivados da complexidade da tramitación das propias obras.

O presidente provincial destacou a mellora das comunicacións e da seguridade que supón a renovación desta estrada que conta cun grande tránsito de vehículos dada a alta densidade de poboación e a que dá acceso ó Centro Arqueolóxico do Barbanza.

O alcalde agradeceu o esforzo inversor do ente provincial nesta actuación e agradeceu a paciencia dos veciños que poden por fin disfrutar desta renovada vía.

Aproveitando a súa presenza en Boiro, Valentín González Formoso fixo entrega o Concello dun novo vehículo que se destinará ó departamento de servizos sociais, principalmente ó traslado de material nas atencións a domicilio.

Nesta liña, o presidente provincial destacou o reforzo da aposta polo eido social co reforzo do SAF e o incremento do POS Social