Rianxo abre o próximo luns unha campaña marisqueira pouco optimista

    RIANXO> O vindeiro luns arranca a campaña marisqueira en Rianxo. Máis dun cento de embarcacións voltarán ó traballo cunha previsión bastante pesimista en vista dos resultados das mostraxes realizadas nas últimas semanas. A escaseza de cría, que non chegou a fixar nas concesións rianxeiras, marcará o arranque da campaña previsto para o próximo luns. A pesar de que as previsións non son optimistas, os mariscadores probarán sorte na zona do Furado ata As Figueiras. En función dos resultados das primeiras semanas e, sobre todo, da evolución dos prezos, o cabildo decidirá o futuro da campaña apostando por traballar nas épocas de mellor cotización e pechar cando a actividade non sexa rendible. Nestas primeiras xornadas, entre cen e cento cincuenta embarcacións volverán ó mar, á espera de ver como evoluciona unha campaña sen grandes expectativas.