Benigno Chaves Boullosa sae elixido novo patrón maior da Illa

    A ILLA > A confraría da Illa de Arousa ten xa novo patrón maior. Trátase de Benigno Chaves Boullosa. Unha votación axustada o sábado deulle a victoria para a que contou coa victoria de 12 membros da Xunta Xeral fronte ós dez cos que contou o seu inmediato competidor Francisco Otero.

    O resultado da votación do sábado foi axustado e emocionante. Ningún dos tres candidatos que se presentaban a patrón maior da Illa de Arousa sabía ata o último momento cos votos de quen ían contar.

    Benigno Chaves Boullosa resultou finalmente vencedor, ó contar cun apoio de doce membros da xunta xeral. Con dez votos contou o seu sucesor inmediato, Francisco Otero Blanco e Carlos Javier Otero logrou tan só o apoio de dúas persoas. Chaves Boullosa saíu patrón maior pero ningún dos derrotados quixo asumir a responsabilidade de ser vicepatrón maior, cargos que recaeron en Bernabé García Outeda e Juan Paz Abal.

    Non houbo cambios na OPP20 que seguirá sendo dirixida por Carlos Javier Otero co apoio de Francisco Otero. A Xunta Xeral queda formada pois, por 24 membros: 12 armadores, 6 tripulantes e 6 mariscadoras. Trala xornada electoral, ábrese agora un período de exposición das actas e de presentación de reclamacións. O día 29 deberán estar resoltas para que o vindeiro 7 abril se proclamen definitivamente o patrón maior, os vicepatróns e os vocais do cabildo.

    Redacción Salnés