Primerio achegamento entre o bipartito de Cambados e a oposición para aprobar os orzamentos

CAMBADOS> O goberno de Cambados continúa coas negociacións coa oposición para aprobar os orzamentos municipais. Dende o bipartito sinalan a cooperación do Partido Popular e de Cambados Pode e lamentan a ausencia do BNG. Na oposición, os populares piden máis investimentos en servizos sociais, autónomos e parroquias para dar o seu voto a favor.

Cun goberno en minoría, as negociación son vitais no Concello de Cambados para poder aprobar os orzamentos municipais. Traballando neste obxectivo, o bipartito está mantendo reunións cos partidos da oposición. De o goberno cambadés sinalan a estes orzamentos como os máis difíciles.

Na segunda rolda de reunións, o bipartito contou coa colaboración de Cambados Pode e do Partido Popular. Non foi o caso do BNG, que non asistiu ao encontro co equipo de goberno.

Dende o Partido Popular consideran que os orzamentos son insuficientes. A formación de Luís Aragunde pide que se aumenten as partidas en investimentos nas parroquias, en axudas a autónomos e en servizos sociais.

Dende o bipartito están dispostos a aceptar as propostas da oposición pero o diálogo é necesario para axustar o orzamento.

A liña vermella da formación popular é a partida para a liberación dalgúns concelleiros. Con este puntos nos orzamentos, os populares advirten que non darán o seu apoio. As negociacións continuarán nas vindeiras datas. O bipartito marca como data o día 22 para presentar o orzamento ante as comisións e o día 25 para ser aprobado en pleno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí