CONFLICTO CONFRARÍAS CAMBADOS / O GROVE

    Continúa o conflicto polos lindes de marisqueo entre as confrarías do Grove e Cambados. Hoxe o patrón maior cambadés, Benito González, remitiu un comunicado no que acusa ó seu homólogo grovense de ronper a unidade do sector.

    O patrón maior da Confraría de Cambados, Benito González, acusa nun comunicado ó patrón maior do Grove, Francisco Iglesias de romper a unidade do sector pesqueiro e marisqueiro en Galicia.

    No escrito sinala textualmente que desde A Guarda ata Ribadeo xa o coñecen e non volve a enganar a ninguén. González engade ademais que Francisco Iglesias ten nos micrófonos e nas cámaras o seu punto forte, mentres os demais se adican a traballar polos socios.

    O patrón maior de Cambados deixa claro tamén que na súa confraría non hai personalismos nin estrelas mediáticas, senón traballo e responsabilidade. Defende a autonomía e responsabilidade dos presidentes das diversas agrupacións, e en especial da dirixente das mariscadoras, Isabel Pérez, de quen di que coñece de primeira man o marisqueo a pé e que non fala de oído. Benito González remata o comunicado pedindo á Francisco Iglesias que non demore máis a solución do problema de lindes. Segundo o patrón cambadés, a consellería anulou a reubicación das marcas que delimitan as zonas de marisqueo a pé entre ambas confrarías. Lembramos, que o pasado mes de setembro o servizo de vixiancia de Cambados identificou a 20 mariscadoras de Castrelo adscritas ó Grove que faenaban no Sarrido, zona de autorización de Cambados.