VILAGARCIA> O PSOE de Vilagarcía concéntrase na rúa para reivindicar a necesidade dun novo centro de saúde. O alcalde da vila critica ó PP local por utilizar o ambulatorio como arma electoral. Tamén acusou á Xunta e ao Porto de Vilagarcía de bloquear esta actuación.
O equipo de goberno do concello de Vilagarcía concentrouse na rúa para responder ás acusacións de bloqueo do Centro de Saúde vertidas polo PP local. O alcalde criticou a proposta dos populares de trasladar á sé da garda civil a Fontecarmoa e ampliar o actual centro de San Roque.
O socialista tamén criticou o proxecto de Alfonso Gallego de converter a Comandancia Marítima nun Centro de Innovación Tecnolóxica. Acúsao de utilizar o porto con intencións partidistas.
Para o goberno local a localización idónea para o novo ambulatorio é a que ocupa actualmente a Comandancia Marítima. Aínda así, Alberto Varela comprométese a mediar entre o estado é a Xunta para situalo noutra parcela se o Organismo Autónomo plasma o acordo por escrito.
O alcalde asegurou que o novo centro de saúde se fará ou co visto bo da Xunta ou sen eles, facendo alusión as vindeiras eleccións autonómicas.