Pesca investirá 293.000 € na identificación xenética do mexillón de Galicia

    VILAGARCÍA > Pesca investirá preto de 400 mil euros na procura de marcadores xenéticos que identifiquen o mexillón de Galicia. Para iso, a consellería e o Consello Regulador do mexillón asinarán un convenio de colaboración para conseguir distinguir o bivalvo galego. Estas técnicas de análise xenética contribuirán a evitar fraudes no mercado relacionados coa substitución de especies foráneas.

    A Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia para estudar marcadores xenéticos que identifiquen estes bivalvos. O goberno galego destinará 392 mil euros para protexer o mexillón galego fresco e procesado e amparado baixo un selo de calidade fronte a outras especies foráneas.

    O propio Consello Regulador, e o grupo de investigación xenética de moluscos bivalvos da Universidade da Coruña participarán neste estudo, coa finalidade de aumentar o control do mercado e reducir os fraudes no etiquetado. Primeiro tomaranse mostras de mexillón fresco, conxelado e en conserva das principais zonas de producción de Asia, Europa, América e Oceanía. Despois os técnicos extraerán o ADN dos bivalvos para constituír un banco xenético. O terceiro paso consistirá no desenvolvemento de técnicas moleculares para diferenciar as distintas especies comercializadas no mundo baixo o termo mexillón. Finalmente faranse estudos xenéticos para distinguir o produto cultivado en Galicia.

    Redacción Salnés