O BNG de Boiro denuncia incumprimentos na execución orzamentaria

    BOIRO> O BNG de Boiro denuncia presuntas irregularidades na contratación de obras e servizos municipais. Refírense os nacionalistas á execución de obras que non estaban previstas nos orzamentos ou á adxudicación de obras e servizos sen o pertinente procedemento de contratación. Tralas declaracións formuladas polo alcalde sobre o estado das contas nas que o remanente de tesourería supera o millón de euros, o BNG quixo facer públicos os reparos por parte do departamento de intervención referidos ó segundo trimestre do ano. Denuncian que o goberno está a superar tanto as contías como o prazo de contratación nas obras menores, adxudicadas de xeito directo sen necesidade dun concurs o público. Dende o BNG chaman a atención tamén sobre o incumprimento da anualidade orzamentaria, execuntando obras que non estaban contempladas nos presupostos o que obriga á súa modificación. Inserto