O PSOE de Boiro presenta a comisión das xuventudes socialistas

    BOIRO > O Partido Socialista de Boiro vén de presentar a recentemente constituida comisión executiva das xuventudes socialistas. Con esta directiva, integrada por sete membros, preténdese dar resposta ós problemas da mocidade boiresa no eido político e social.

    A nova comisión está composta polo secretario xeral, Alberto Hermo, a secretaria de Organización, Paula Sánchez, e cinco vocais, Sandra Ochoa, Javier Lago, Paula Ares, Marisol Collazo e Juan Ares. Cinco nomes que se inician na política con moita ilusión e ganas de traballar en colaboración coa executiva do partido e a administración local.

    No acto estiveron presentes o secretario Xeral do PSOE de Boiro, Xoán Xesús Ares, o secretario comarcal, Blas García, e a Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Dolores Rodríguez, quen apoiou a constitución desta nova comisión como exemplo da participación dos mozos na sociedade.

    Pola súa banda, Xoán Xesús Ares, expresou a súa satisfacción posto que o PSOE de Boiro conta a partir de agora cunha semente de continuidade. Así mesmo, indicou que a nova agrupación contribuirá a resolve-los problemas da mocidade boiresa en diversos ámbitos como por exemplo a busca de emprego ou a adquisición dunha vivenda.

    Redacción Barbanza