Os tres concelleiros para os que Juan Fajardo de EU pide a dimisión, non dimitirán

    VILAGARCIA > Os membros do equipo de goberno vilagarcián, Rosa Abuín, Victoria Hierro e José Membrives deron as explicacións correspondentes…

    …ante a petición de onte, por parte de EU da súa dimisión. Os tres teñen claro que non dimitirán, están de acordo nas súas reflexións e fixéronas públicas esta mañá.

    Rosa Abuín, Victoria Hierro e José Membrives fixeron un breve, pero rotundo repaso do seu apoio á traballadora despedida da piscina, felicitárona pola sentencia ó seu favor e tiveron claro, non só que non dimitirán, senón porqué non o van facer.

    José Membivres tachou a EU de practicar o piterpanismo político.

    Victoria Hierro asegurou que non permitirán que en política vilagarciana, vala todo.

    E pola súa parte, Rosa Abuín, declarou que marchou do pleno en solidariedade coa traballadora despedida e por non votar unha ilegalidade, e que cada un bote as contas, e darase conta de porqué Juan Fajardo pide a dimisión de precisamente tres concelleiros.

    Os tres insistiron en que esta é a primeira e a última vez que comparecen ante presións por parte de Juan Fajardo para tratar de sindicalizar o goberno municipal.

    Pregúntanse onde estaba Fajardo cando fixeron a folga os traballadores de comisións obreiras e porqué non pediu a dimisión de alguén cando declararon nulo o despido dun bombeiro fai pouco.

    Redacción Salnés.