Bota a andar en Poio o club ciclista Monte Abaixo

POIO > O club ciclista Monte Abaixo presentouse esta fin de semana no concello de Poio. O equipo adéstrase en Samieira e está conformado por seis corredores que esperan dalo todo no campionato Galego de mountain bike. No apartado económico xa contan co patrocinio de tres empresas e do propio concello de Poio.

A parroquia de Samieira en Poio é o cuartel xeral destes ciclistas de mountain bike. De momento son seis os corredores que compiten coa camiseta do Club Ciclista Monte Abaixo. Presentáronse oficialmente esta fin de semana aínda que xa se estrearon en competición o pasado día 18. Na proba de Nigrán, dous dos seus corredores quedaron na metade da clasificación. O club é novel pero non así algúns dos seus integrantes que xa teñen experiencia nesta modalidade en ruta. As aspiracións céntranse este ano no campionato galego.

Os corredores do Monte Abaixo compiten en tres categorías. Demetrio Castro e Jesús Jara en Master 30, Ignacio Uhía, Alfonso Gondar e Julio César Castro en elite, e Angel Leiro en Sub23. Procedentes de Poio, Pontevedra e Portonovo estes ciclistas contan co patrocinio de tres empresas e do concello de Poio. Poio xa conta cun club de ciclismo en pista de elite, o Súper Froiz, e desde o concello esperan que Monte Abaixo acade niveis similares en ruta.

Redacción Salnés