![]()
VILAGARCÍA > O ministerio de Fomento vén de licitar a redacción de tres proxectos do tramo Vilagarcía de Arousa – Padrón do Eixo Atlántico de Alta Velocidade. O prazo para a redacción de cada un dos proxectos é dun ano. En concreto corresponden ós tramos Vilagarcía – Catoira, Vacariza – Rialiño e Rialiño – Padrón.
Os proxectos que se licitan corresponden a tres dos catro tramos en que se dividiu a variante Vilagarcía de Arousa – Padrón, de 26 quilómetros e medio de lonxitude. Neste traxecto prevese dobre vía electrificada e trazado apto para os 250 quilómetros hora.
Un dos proxectos que se redactarán corresponde ó tramo comprendido entre a estación de Vilagarcía e o inicio da ponte singular prevista sobre o río Ulla. Inclúe a remodelación e renovación completa da praia de vías na estación arousá. Proxectarase unha nova configuración de vías e plataformas, e das situacións provisionais necesarias para o mantemento do servizo ferroviario.
As obras singulares máis importantes neste tramo será a execución de tres túneles e de varias estructuras para pasos a distinto nivel da trama viaria actual. Esto afectará a cinco estradas locais e a varios camiños agrícolas, segundo o estudo informativo de partida.
Redacción Salnés










