A Semana da Xuventude de O Grove celecrarase estará centrada no ocio

    O GROVE > Un ano máis o concello de O Grove desenvolverá a Semana da Xuventude aínda que nesta ocasión con atraso. Este Nadal, datas nas que se programan estas actividades, un tráxico accidente obrigou a trasladala semana á Semana Santa. Deste xeito os mozos de entre 12 a 35 anos terán a oportunidade de realizar cursos e obradoiros destinados exclusivamente a cubrir o tempo de ocio.

    Mañá comeza a semana da xuventude na vila meca cun curso de Risoterapia  a partir das cinco na Casa de Cultura. A partir do luns as mañás estarán destinadas a cursos de mecanografía e Publisher. As tardes se destinarán para obradoiros e conferencias. Como novidade deste ano, os organizadores levarán unha nova imaxe, fácil de identificar por calquera dos participantes.

     

    O vindeiro martes a partir das oito da tarde a casa de cultura acollerá unha conferencia sobre mitos e lendas en Galicia que se impartirá pola colaboradora desta casa Peggy Raposo. Acompañándoa estará un psicólogo que poñerá nesta xornada a vertente científica.

     

    A clausura da semana da xuventude desenvolverase o vindeiro mércores. As oito da tarde entregarase os premios do concurso de cómic na casa da cultura e a partir das once o pub Vado Permanente acollerá dun grupo local.

    Redacción Salnés