Pérez: “O PXOM sairá adiante con ou sen o apoio da oposición”

     O GROVE> O alcalde saíu ó paso das críticas da oposición e aclarou que o proxecto verá a luz verde antes do remate desta lexislatura.

    {flowplayer}images/salnes/PxomGrove_270213.flv{/flowplayer} 

    Unhas declaracións que se realizaban esta pasada fin de semana e nas que José Antonio Cacabelos pedía maior transparencia ó goberno á hora de avanzar no proxecto do PXOM. Estas críticas foron secundadas polo BNG se ben Esquerda Unida desmarcouse delas. O alcalde, xunto cos seus socios de goberno, deixou claro que se está a traballar arreo nun proxecto que é prioritario para eles e que os grupos da oposición poden dispoñer de toda a documentación que desexen sempre que a pidan. Tamén acusou a Cacabelos de deixadez, xa que asegurou, desperdiciou catro anos de goberno para sacar adiante o PXOM. 

    Outra das críticas dos socialistas ían dirixidas ás posibles xuntazas dos membros do goberno con veciños, segundo eles, para adaptar o proxecto ós seus intereses.

    Con todo, Miguel Ángel Pérez quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade á sociedade meca e trasladar o seu compromiso de sacar asíante o PXOM antes do remate da lexislatura, con ou sen o apoio da oposición, dende onde sempre reclamaron a necesidade de consenso. 

    Con referencia ó plan, o alcalde grovense sinalou que se está a basear en cinco piares: deseñar o viario do municipio, marcar as zonas industiais, revisión completa dos nucelos ruruais e a do casco urbano e deseñar un reordenamento da fachada marítima.

    Redacción Salnés