Alcaldes do PP denuncian a ‘parálise administrativa’ do goberno da Xunta

    BARBANZA > Alcaldes, concelleiros e outros cargos do Partido Popular das comarcas do Barbanza, Muros e Noia acusan ó actual goberno da Xunta de Galicia de paralizar diversas actuacións previstas para estas zonas, a maioría delas relacionadas con melloras en infraestruturas e servizos.

    Representantes do PP das comarcas do Barbanza, Muros e Noia, mantiveron unha xuntanza en Lousame para analiza-la parálise administrativa do actual goberno da Xunta de Galicia poñendo sobre a mesa preocupacións e demandas comúns a todos eles.alcaldespp_300_060406.gif

    Na reunión participou tamén a Secretaria Provincial de Organización desta formación política, María Faraldo, quen acusou ó actual executivo da Xunta de non licitar obras públicas novas nestas zonas e limitarse tan só a realizar proxectos que xa foron aprobados durante o goberno de Manuel Fraga.

    Os representantes do PP fixeron alusión tamén á política financiera que está a levar a cabo actualmente o goberno autonómico, suprimindo numerosas convocatorias abertas de subvencións, e no seu lugar están apostando por convenios bilaterais con concellos da mesma cor política.

    María Faraldo criticou tamén o feito de que diferentes cargos da Xunta de Galicia estean recibindo a membros da oposición de concellos gobernados polo PP ou asociacións afíns, antes que ós propios rexedores, o que vén a demostrar unha falla total de respecto ás institucións.

    O alcalde de Noia, Antonio Pérez Ínsua, criticou ó goberno da Xunta por querer apuntarse obras que foron conseguidas durante a anterior etapa do PP.

    Redacción Barbanza