A Illa de Arousa acollerá a segunda edición do festival Valhalla

A ILLA> A Illa de Arousa acollerá a segunda edición do festival Valhalla. O evento trasládase este ano ao concello insular tras dar o seu primeiro paso en Catoira. Nesta edición participarán artistas consolidados como Arce acompañado de músicos emerxentes tanto locais como nacionais. O evento celebrarase o 3 de setembro e contará con 8 horas de música.

Tras dar o seu primeiro paso na vila de Catoira, o festival Valhalla trasládase á Illa de Arousa. A organización xunto co concello apostan pola realización da segunda edición do evento o vindeiro 3 de setembro na praia do Bao. No festival volverá a predominar a música urbana e nel participarán artistas consolidados como Arce xunto con músicos emerxentes.

Tamén terán un importante papel os artistas locais. En total serán 8 horas de música.

Dende a Illa apostan polo Valhalla para aumentar a súa oferta cultural, especialmente fora dos meses principais do verán, pero o que máis destacan dende o concello é a organización que ten prevista o festival.

Para evitar masificacións, a organización só porá á venda 2000 mil entradas que xa se poden mercar a través de woutick.es ou das redes sociais tanto do festival como dos organizadores, Luxco Fuxco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí