VALGA> En pleno debate sobre o incremento do gasto en defensa, visita do delegado do goberno en Galicia a Urovesa, en Valga. A compañía ten sobre a mesa un aumento de persoal e investimentos nas súas instalacións ante o incremento da demanda. Aseguran dende a compañía que prevén un incremento da produción dun 50% ‘de aquí a dous anos’ polo rearme da Unión Europea e polo incremento das solicitudes que está a recibir a nivel internacional.
En Urovesa traballan nestes momentos 330 persoas, pero a compañía prevé un incremento do seu cadro de persoal e investimentos nas súas instalacións de Valga ante o aumento das vendas. En pleno debate sobre o gasto en defensa, a dirección da empresa prevé un incremento da demanda de vehículos tácticos dun 50% de aquí a dous anos.
Estas previsións partes da actual situación xepolítica, co rearme de Europa logo da chegada de Donald Trump á presidente dos Estados Unidos e a situación en Ucraía esquistada, e tamén pola alza das peticións que recibe a nivel internacional. A compañía estuda a creación dun novo vehículo semellante ao que está a fabricar nestes momentos.
Esta mañá visitou a empresa o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco. O executivo central ten nestes momentos diferentes contratos con Urovesa por máis de 170 millóns de euros. Salineta a fabircación destes vehículos militares, uns 700, por 146 millóns.
Urovesa tamén está a participar noutros programas do goberno central, como o PERTE VEC que, salientou Blanco, impulsa a automoción en Pontevedra e en toda Galicia; ou o proxecto Vantac de hidróxeno, cun contrato de 700.000 euros para desenvolver un prototipo de vehículo con propulsión mediante pila de hidróxeno.