![]()
Meis > A parroquia de Armenteira celebrou a tradicional Romaría da Virxe das Cabezas. Un día antes, a comisión de festas organizou por cuarto ano consecutivo a “Festa da Xuventude”, ampliando así a dous días as celebracións na parroquia. As comidas campestres foron hoxe a estampa máis repetida.
O camiño de chegada ó santuario cisterciense de Armenteira a media mañá estaba ateigado de fieis, que se desprazaron en bicicleta ou a pé dende ben cedo. A Virxe das Cabezas é unha das festas máis coñecidas da comarca, onde se sucederon durante toda a xornada diferentes misas. E o bo tempo foi quen animou a miles de persoas a participar na romaría.
A mediodía tiña lugar a misa solemne, na que miles de persoas portaron os exvotos para expresar o seu agradecemento á virxe. A Virxe das Cabezas atrae tanto a maiores como a xoves cada luns de Pascua. Co paso dos anos converteuse nunha imaxe moi venerada e á que acoden os fieis puntuais á cita anual.
Redacción Salnés








