Cambados reorganizará a Merced para que Garda Civil e Policía local compartan a instalación

CAMBADOS> Cambados reorganizará a planta superior do edificio da Merced para que Capitanía da Garda Civil e Policía local poida compartir o centro. O concello responde así á demanda de ambos corpos tralo traslado inmediato da benemérita de Vilagarcía a Cambados. A Garda Civil permanecerá na Merced ata que rematen as obras do seu novo cuartel.

O traslado inmediato de Capitanía da Garda Civil de Vilagarcía a Cambados creo un problema de organización na vila. A primeira idea do concello era trasladar a este corpo da benemérita ás novas instalacións da policía local na Merced. Unha proposta que foi protestada polo corpo municipal da vila. Tras estudar máis posibilidades, finalmente o concello reorganizará a primeira planta da Merced para que poidan convivir ambos corpos de seguridade.

Con esta medida poderase compatibilizar e dar resposta as demandas dos dous corpos.

Desta forma, a policía local poderá trasladarse a súa nova sede unha vez que rematen as obras da Merced.

No caso da Garda Civil, todos os axentes manteranse na Merced ata que rematen as obras do seu novo cuartel. Os traballos avanzan segundo o previsto tras un parón debido a problemas na cimentación e nas augas soterradas que incrementaron en 3 millóns o custo do proxecto. A previsión é que se remate no outono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí