O Grove celebra con éxito a segunda edición de Expoliquidación

    O Grove > A feira de oportunidades do Grove pechouse cun éxito rotundo de ventas, trala visita de miles de persoas ás carpas do Corgo, nas que venderon o seu stock un total de 25 comerciantes. Os prezos de liquidación foron o principal reclamo da segunda edición de Expoliquidación, que nacía na localidade meca hai só catro meses.

    expoliquidaciongrove_300_170406.jpgEmgrobes, a asociación encargada da organización deste evento, aproveitou o tirón da Semana Santa para abrir novamente as portas desta feira de oportunidades, catro meses despois da súa primeira edición. O éxito que tivera en decembro esta iniciativa de Emgrobes levou a pensar nunha nova edición para a primavera. Emgrobes foi quen de volver atraer a miles de persoas nos 4 días nos que permaneceu aberta dende as 11 da mañá ininterrompidamente ata as 10 da noite. Emgrobes contou coa colaboración do centro comercial aberto De Tendas, Caixanova e o concello meco. A comodidade das carpas nas que se ubicaron os 25 comerciantes fixo que miles de veciños e turistas acudiran coa intención de mercar a pesar das inclemencias do tempo. En Expoliquidación estaban representados tódolos sectores, incluso o inmobiliario, o que supuxo un especial aliciente para os compradores, que se achegaban a un recinto no que podían atopar case de todo e a moi bos prezos. Dende roupa e calzado a obxectos de decoración, todo a prezos de liquidación. Os comerciantes que participaron conseguiron vender boa parte dos stocks, algúns ofrecendo descontos superiores ó 60%. Mentres os maiores mercaban, os cativos podían gozar cos monitores de tempo libre que puxo a organización a disposición dos visitantes. Expoliquidación foi un dos atractivos da Semana Santa e os hoteis mecos colgaron o cartel de “completo”.

    Redacción Salnés