Os Astilleros Polinautica constrúen o buque bateeiro de fibra máis grande da Ría de Arousa

CAMBADOS> Os Astilleros Polinautica de Cambados ultiman a construción do seu barco máis grande. O novo buque bateeiro terá unha eslora de 22 metros e medio e, segundo a empresa, será o máis grande da Ría de Arousa construído con fibra. A presentación desta embarcación coincide co 25 aniversario do estaleiro.

Os Astilleros Polinautica de Cambados ultiman a construción do barco de fibra máis grande que terá a Ría de Arousa. O buque bateeiro conta con 22 metros e medio de eslora e 6 metros e medio de manga. O barco tamén se converte no máis grande construído pola compañía. Ademais, esta embarcación contará cun novo sistema de maquinaria.

A presentación deste buque coincide co 25 aniversario do estaleiro. Cuxos inicios se remontan a unha pequena embarcación de 6 metros de eslora que foi mercada pola confraría de Vilanova. Dende entón, os Astilleros Polinautica dedicáronse á construción e reparación de todo tipo de buques. A empresa contou nesta data sinalada coa visita do Xefe de protección de recursos e co subdirector do servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia. O estaleiro cumpre o cuarto de século con moita ilusión.

A empresa mira ao futuro con moitos proxectos en marcha, pero conscientes das dificultades que está pasar o seu sector.

O barco foi encargado por un armador do Grove. A botadura terá lugar a semana que ven para facer as probas de estabilidade e navegación. O buque será entregado ao propietario o vindeiro mes.