O Goberno central inviste en Valga 3,5 millóns de euros para a supresión de dous pasos a nivel

VALGA> En Valga, están en marcha xa os traballos para a supresión de dous pasos a nivel, nun deles hai máis de 15 anos perderan a vida tres veciños nun tráxico accidente. O Adif está a executar a construción de dous pasos superiores, cun investimento que supera os tres millóns e medio de euros. Unha vez suprimidos estes dous pasos, no municipio aínda quedarán outros dous pasos, que tanto o goberno central como o concello consideran que hai que eliminar.

Para o concello de Valga esta é unha das grandes obras que había pendentes no municipio, porque á mente de todos os veciños cando se fala de pasos a niveis vén o tráxico episodio de 2007 cando falecían tres veciños arrolados polo tren no paso de Campaña.

Agora, o goberno central está a investir no concello máis de tres millóns e medio de euros para a supresión de dous pasos a nivel.

Os pasos suprimiranse grazas á construción dun paso superior e a prolongación dos camiños de enlace para conectar ambas beiras das vías do tren. Estes traballos son posibles grazas á sinatura dun convenio entre o Adif e o Concello.

Pola súa banda, o subdelegado do goberno en Pontevedra, salientou do goberno central pola progresiva supresión deste tipo de pasos. Apuntou que neste caso é xa unha realidade grazas á colaboración institucional.

Unha vez eliminados estes dous, no concello de Valga quedarán aínda outros dous pasos a nivel.

En ambos casos son pasos a nivel con barreira. Dende Adif xa avanzan que están comezando a traballar nas bases para a súa supresión para conseguir que Valga sexa por fin un municipio sen pasos a nivel.