A ERAT da Garda Civil investiga o fatal accidente do Venres Santo

    MEIS > A Garda Civil cortou ó tráfico este martes pola mañá na vía do Salnés onde o venres morreron cinco persoas nun terrible accidente de tráfico. O motivo do corte foi tomar datos da estrada para esclarece-las causas do ocorrido. Para iso desprazouse por primeira vez a Galicia o ERAT, o Equipo de Reconstrucción de Accidentes de Tráfico de Madrid.

    gardacivileratviasalnes1_300_180406.jpgSeis garda civís do ERAT desprazáronse por primeira vez a Galicia para investiga-las causas do accidente de tráfico que o venres lle custou a vida a 5 persoas na vía do Salnés. Con eles estiveron tamén membros do corpo de Pontevedra que axudaron a levar a cabo a toma de datos na estrada. Os traballos tratarán de determinar por qué o conductor do turismo invadiu o carril esquerdo por ónde circulaban as dúas motos contra as que chocou. Porque ésto é ata agora case o único que se pode afirmar. Que todo o accidente ocorreu no carril por onde viaxaban os motoristas. Polo demais, non hai conclusión algunha a día de hoxe sobre o que puido ocorrer.

    gardacivileratviasalnes_300_180406.jpg

    Para ter a reconstrucción dos feitos haberá que esperar varias semanas, xa que trala recollida de tódolos datos haberá que establecer tódalas variables que influíron neste accidente para saber que pasou. Para iso tamén contarán coa declaración do conductor do turismo, o xoven Hugo Pereira, que sen embargo non estivo na recollida dos datos. Uns datos que inclúen todo tipo de medicións: adherencia da estrada (que en principio parece boa), percorrido do coche, estado no que quedaron os vehículos e os corpos tralo accidente, e moitos outros datos que tras ser introducidos no ordenador permitirán reconstruí-lo ocorrido neste tráxico suceso no que morreron cinco persoas, os catro ocupantes das dúas motos e a nai do conductor do turismo.

    accidenteviasalnes_2_300_170406.jpg

    O sinistro tivo lugar o Venres Santo pouco antes das tres da tarde. O Hyundai Coupé conducido por Hugo Pereira, veciño de Marín de 18 anos e sen permiso de conducción, perdeu o control e levouse por diante a dúas motos suzuki de gran cilindrada. A consecuencia do impacto faleceu a súa nai, Giménez, veciña de Marín de 38 anos, que ía de acompañante no turismo. Tamén morreron no acto os catro ocupantes das motos, Celso Javier Contreras Castro, xornalista e veciño de Meis de 44 anos, Remedios Estévez, veciña de Poio de 51, Raquel Bosquet, de Ourense e de 34 anos, e María del Carmen Seoane, veciña de Vigo de 41 anos. O mozo permanece ingresado no Hospital Montecelo ata que esté en condicións de declarar ante o xuiz de Cambados, que instrúe o caso.

    Redacción Salnés