MEIS> O Campo de Fútbol José Betanzos Doval, no concello de Meis, será obxecto de distintas obras de mellora.
Na instalación vaise levar a cabo unha remodelación dos vestiarios e unha posta a punto das gradas. Alí, ademais da súa adecuación vanse renovar as máis de 300 cadeiras coas que conta.
Unha reforma, apuntaron, que permitirá aos equipos e seareiros gozar moito máis da práctica deportiva, en especial, á canteira de preto dun cento de rapaces que acotío usa estas instalacións.
Este conxunto de melloras ten un orzamento de 104.000 euros. Vaise executar con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación.
Esta mañá visitaban o campo de fútbol a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, xunto cos deputados provinciais Javier Tourís e Marcos Guisasola. Dende o orgranismo provincial salientaron o éxito deste plan que, na súa segunda convocatoria, duplica os seus fondos, pasando dos 4 aos 8 millóns de euros.











