O PSOE denuncia un novo fraude urbanístico en Vilanova

    VILANOVA > Nova denuncia urbanística en Vilanova. O Psoe informou hoxe doutra recalificación de terreos supostamente fraudulenta e da que se tería beneficiado o edil Javier Tourís. Segundo os socialistas, o concelleiro utilizou a unha terceira persoa para asinar unha opción de compra sobre unha finca rústica que trala aprobación do Plan Xeral pasou a ser urbanizable. E a venda foi negociada por un socio do concelleiro Javier Tourís en catro empresas inmobiliarias. Catro sociedades limitadas que o edil creou en menos de catro anos.

    fincatremoedo_300_180406.jpgÉsta é a finca obxecto da nova denuncia dos socialistas vilanoveses. Está en Tremoedo, entre o polígono industrial e a adega Gran Bazán e era unha parcela rústica de 165 mil metros cadrados. Eso antes de que o PP aprobara o Plan Xeral que pasou a calificala como solo urbanizable. Todo xurdiu cando un veciño de Sevilla presentou unha alegación ó PXOM dous meses despois de que rematara o prazo asegurando se-lo propietario cando só tiña unha opción de compra. A sorpresa para os auténticos propietarios foi monumental. E foron eles os que denunciaron que quen negociara a compra dos terreos fora un socio do edil Javier Tourís. Socio en nada menos que catro empresas, creadas todas despois do ano 2.003. Pero a sorpresa foi maior cando viron que nin o suposto propietario sevillano nin o socio de Tourís executaran a opción de compra, senón que foi unha terceira persoa da que só se sabe que é do Salnés.

    rodrigosantiagopsoevilanova_300_180406.jpgEsto implica para os socialistas que a opción de compra foi revendida xerándose así unhas plusvalías que poderían rondar os 2.600 millóns de pesetas. Un novo pelotazo urbanístico que se uniría ó do centro comercial de Deiro ou á urbanización das Sinas. E o Psoe non descarta que aparezan novos casos, sobre todo tendo en conta que o goberno local non expuxo o Plan Xeral tralas últimas alegacións. Quizais, din os socialistas, para evitar sorpresas como as que agora se están atopando os veciños.

    Redacción Salnés