Veselka Todorova, única dúbida do Extrugasa para León

extrugasa250_250210.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa prepara xa o encontro xa que este sábado vaille enfrontar ó Aros de León. As vilagarciáns parten como favoritas neste partido ó que acuden coa única dúbida de Veselka Todorova, que non se adestrou no que vai de semana por mor dunha fascite plantar.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_250110.flv{/flowplayer} 

Comeza o tramo final da temporada. Esta fin de semana a competición entra no seu derradeiro cuarto, nas oito últimas xornadas nas que se decidirá que catro equipos xogan a fase de ascenso. O Extrugasa fixo os deberes e plántase segundo no incio deste sprint, con dúas victorias de marxe sobre o quinto clasificado e cun calendario a priori máis favorable para seguir sumando triunfos que o resto dos seus rivais directos. Aínda que iso non preocupa a Tito Díaz. 

Moi mal teríano que facer  para no estar na fase de ascenso, incluso podería permitirse perder na casa ante Ensino e Cajacanarias se logo claro, non erran ante os equipos da zona morna e baixa da táboa. O primeiro obstáculo que teñen que superar é o Aros de León, un equipo quea estas alturas pouco se xoga, xa que se atopa na xeral en terra de ninguén. 

O plantel vaise recuperando pouco a pouco despois de varias semanas nas que as xogadoras importantes arrastraron problemas fíusicos. Agora a única preocupación é o estado de Veselka Todorova. A pívot búlgara non se adestrou esta semana por mor dunha fascite platar aínda que a súa presencia ante o Aros é bastrante probable.

O encontro celébrase no Pavillón de San Esteban de León ás 7 da tarde do sábado.

Redacción Salnés