Zona Aberta celebra o día da nai cun sorteo dunha viaxe

    VILAGARCÍA> O vindeiro sete de maio celebrase o día da nai, unha xornada moi especial na que se expresa o cariño e amor á unha das persoas que máis traballa polo coidado e educación dos fillos. Zona Aberta, tamén quere dar unha mostra de cariño as nais, polo que a asociación de comerciantes sorteará unha fin de semana ó hotel  Augusta Spa Resort de Sanxenxo entre as súas clientas.

    Este ano a asociación de comerciantes de Vilagarcía quere amosar todo o seu cariño a todas as nais que mercan nos seus establecementos. O vindeiro sete de maio celebrase un dos días máis especiais do ano, o día da nai, polo que este é un recoñecemento ó esforzo e traballo que todos os días realizan as nais. Pero ademais do cartel, Zona Aberta sorteará unha fin de semana no hotel Augusta Spa Resort de Sanxenxo con pensión completa e cun circuíto termal que lles axudará a relaxarse. Só hai un requisito: ser nai. O sorteo realizarase o martes nove de maio

     

    Redacción Salnés