Valga presume, un ano máis, dun dos Beléns máis singulares de Galicia

VALGA > O Belén de Valga é, un ano máis, un dos principais reclamos da zona durante o Nadal. Con 4000 figuras, o nacemento mestura as escenas tradicionais dun nacemento con moita da actualidade que nos deixou este 2017. Dende hai 22 anos, Valga sorprende a veciños e visitantes co seu espectacular Belén. O Nacemento naceu dun xeito humilde, pero as súas dimensións –ano tras ano- foron medrando, ata roldar agora os 400 metros cadrados. Nas súas múltiples escenas atopamos máis de 4.000 figuras, moitas delas con movemento propio. No Belén hai sempre un oco para as noticias que marcaron o ano. Desta volta, en Valga seguen a actualidade máis de preto que nunca, coa ollada posta no “procés” e nos comicións cataláns. Pero como manda a tradición do Belén, sempre hai un oco para as escenas típicas do rural galego… Segundo os cálculos dos seus resposables, o ano pasado visitaron o nacemento unhas 40.000 persoas, unha cifra que agardan repetir e mesmo superar neste Nadal. O Belén pode visitarse tódolos días, ata o vindeiro día de Reis.