Javier Tourís presentará unha querella contra Rodrigo Santiago ó que chama ‘Judas’

    VILANOVA > O concelleiro de Vilanova Javier Tourís compareceu públicamente para explica-la súa suposta intervención na recalificación duns terreos en Tremoedo. O edil volveu a nega-la súa implicación neste asunto e acusou ó socialista Rodrigo Santiago de traizoar ós veciños e constructores de Vilanova apoiando a construcción dunha gran área en Vilagarcía.

    Segundo Tourís, o voceiro socialista pon tódolos impedimentos posibles á construcción dun centro comercial en Vilanova e sen embargo alenta a instalación dun Alcampo en Vilagarcía. Esto supón unha traizón ós seus veciños e tamén ós constructores que tratan de investir en Vilanova e que atopan todo tipo de atrancos por parte dos socialistas, que ven pelotazos e irregularidades en calquera actuación urbanística.  O mesmo ven de pasar agora cunha finca de Tremoedo anexa ó polígono industrial.
    Tourís negou unha a unha tódalas acusacións dos socialistas. Asegura que se admitiu fora de prazo unha alegación sobre este terreo porque se decidiu en xunta de voceiros admitir tódalas alegacións que chegasen, ‘e foron 74’. Tamén dixo que sobre o terreo de Tremoedo se presentaron ata 4 alegacións e negou a súa implicación neste caso e en calquera relacionado co PXOM. O edil explicou que estudou Dirección e Administración de Empresas e por iso montou diversas sociedades, e anunciou que serán máis no futuro xa que nos próximos días abrirá unha nova sociedade en China. ‘A ver se alí tamén hai PXOM’.
    Redacción Salnés