Liberdade con cargos para Hugo Piñeiro, acusado de 5 homicidios por imprudencia

    CAMBADOS > Ás 9.10 da mañá do venres 21 de abril entraba no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Cambados o marinense de 18 anos Hugo Piñeiro, para prestar declaración tralo accidente do pasado Venres Santo no que perderon a vida cinco persoas. O xuíz dictaminou para o mozo como único acusado liberdade con cargos.

    Este caso está a espertar moita expectación e por eso ben cedo a única testemuña viva do fatídico accidente entraba agochado nun vehículo. Hugo Piñeiro Giménez prestou declaración no Xulgado número 2 de cambados polo accidente no que perdían a vida no Venres Santo catro motoristas e a súa nai, que o acompañaba no mesmo coche que arrollou ás motos. No interior do edificio o mozo explicou a súa versión dos feitos durante mais de 3 horas acompañado por varios familiares.

    Segundo fontes xudiciais, Hugo Piñeiro quedaba trala súa declaración en liberdade con cargos. O único supervivinte ó brutal impacto foi o mozo, que circulaba sen carné, e que agora deberá responder de un delicto de imprudencia grave con resultado de morte, polo que a pena irá de 1 a 4 anos de prisión, ademais das indemnizacións millorarias coas que terá que se enfrontar. 

    hugopieiro_xulgadocambados_300_210406.jpgSerá dentro dun mes cando se coñezan as conclusións da reconstrucción levada a cabo pola ERAT, un informe que poderá ser fundamental para a resolución xudicial do caso. Ás 2 menos 10 da tarde, saía o acusado novamente agochado nun vehículo, despois de estar en todo momento arroupado por familiares e amigos e tralo auto dictado polo xuíz que instrúe o caso. 

    Hai exactamente unha semana que se producía o accidente na Vía do Salnés e esta fin de semana terá lugar a primeira homenaxe ás víctimas. Será o sábado ás 8 da tarde e grazas á organización da Asociación Mototurística “Pontus Veteris”. Desta forma, os que foron compañeiros de ruta dos catro moteiros falecidos acompañarán a familiares e amigos na derradeira despedida a Raquel, pero tendo en mente tamén ós outros 3 moteiros. Todo comezará cando cheguen os familiares da falecida dende Ourense coas cinsas. A súa irmá, que ten a mesma afección, chegará na súa moto ás inmediacións do Hotel Samil onde agardarán os demais moteiros, facendo así unha última homenaxe á paixón que sentía a moza polo mundo do motor. A cita será o sábado 22 de abril ás 20.00 horas diante do Hotel Samil, en Vigo.

    Redacción Salnés