Ramón Dios non dimitirá para facerlle frente á ‘peor crise do sector’

    AROUSA > O presidente do Consello Regulador non ten pensado dimitir como lle pediron dende Opmega. Ramón Dios asegura que non recibiu ningunha petición formal para deixa-lo cargo, e no npensa facelo, polo quesó podería botalo o pleno do Consello.

    Tralas voces que xurdiron en Opmega pedindo a dimisión de Ramón Dios, o presidente do Consello ven de recordar que é non é un representante de Opmega (anque pertencese a esta federación cando se presentou ás eleccións), senón o presidente de todo o sector mexilloeiro. Tamén lembra que o Consello Ragulador non está integrado por organizacións senón por persoas e que son estas as que deben usa-lo Consello  para soluciona-la crise do sector e recuperar un prestixio que está case perdido por completo. Sobre todo despois das acusacións reiteradas do PP sobre as alertas sanitarias en Italia. Dios dí non sabe-los motivos, pero asegura que ‘ésta é a peor crise do sector en toda a súa historia’.
    Redacción Salnés