As mostraxes auguran unha mala campaña marisqueira de verán en Rianxo

RIANXO> Os mariscadores rianxeiros atópanse actualmente parados. O pósito acordou suspender a actividade ata as primeiras semanas de maio co fin de aumentar o tamaño do marisco.

Pero as mostraxes realizadas dende a Confraría non son boas, a pesar dos traballos de arado e sementeira dos bancos marisqueiros realizados. Polo que a campaña de verán apunta mal…

A pesar diso, seguen a realizar traballos de limpeza e rexeneración das praias para conseguir que o marisco amarre, pero os resultados non son os agardados, apuntando a outros factores como é o caso da contamización que padece a Ría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí