Gonzalo Durán adxudícase un salario de 59.000 euros anuais

    gonzaloduran100_251108.jpgVILANOVA > O alcalde de Vilanova cobrará 59.000 euros ó ano pola súa dedicación exclusiva. Este foi o salario bruto que se puxo Gonzalo Durán.

    {flowplayer}images/salnes/soldo.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > O alcalde de Vilanova cobrará 59 mil euros ó ano pola súa dedicación exclusiva. Este foi o salario bruto que se puxo Gonzalo Durán e que foi debatido onte en pleno.

    Nin PSOE nin BNG dixeron ter problema por que o rexedor tivese un soldo, pero puxeron sobre a mesa un informe de Intervención no que se aconsellaban medidas de contención do gasto. O edil do PP, Javier Tourís, puxo como exemplos outros concellos como Vilanova onde o soldo do alcalde é superior ó fixado por Durán e que este se compaxina con máis dunha concellería liberada.

    En defensa de Gonzalo Durán asegurou que lle leva aforrados 100 millóns de pesetas ás arcas municipais. O alcalde argumenta que cobrará agora o mesmo que percibía como médico. Unha medida, di, que non é do seu gusto. Pese ás advertencias da oposición, oP P fixo valer a súa maioría absoluta e aprobou a dedicación exclusiva do alcalde, mantendo os liberados que xa ten.

    Redacción Salnés