CAMBADOS> O concello de Cambados toma medidas para velar polo cumprimento do protocolo de prevención na praza de cambados. Limitacións do aforo, regular os accesos e protección para as vendedoras son algunhas das medidas impostas polo goberno local.
Co paso á fase 1 da desescalada, o concello de Cambados intensifica as súas medidas para velar pola seguridade e evitar os contaxios nas zonas máis concorridas. Unha delas é a praza de abastos. As tarefas centráronse en regular o aforo, informar aos clientes das medidas de prevención que deben de tomar e dotar as vendedoras con materiais de protección.
Para regular mellor o tránsito dos clientes, o concello sinalizou un percorrido. Deste xeito os clientes entran por unha porta e saen por outra.
A pesar da dúbidas xurdidas no primeiro día na praza, dende o goberno local destacan a implicación das praceiras.
Dende o bipartito matizan que estas accións son necesarias para seguir mantendo as medidas de protección. Mostrando a súa confianza na conciencia sanitaria dos cambadeses na loita contra o Covid-19.