Eduardo Baamonde presenta a súa opera prima ‘Plexiflai non foi ao festival’

    O GROVE > O escritor e ilustrador Eduardo Baamonde presentou a seu conto Plexiflai non foi ao festival. Unha historia que tenta reflexionar sobre a importancia do tempo compartido e a necesidade de satisfacer as demandas afectivas dos máis cativos.

    eduardobahamonde_300_240406.jpg‘Plexiflai non foi ao festival’ é a ópera prima como escritor do ilustrador Eduardo Baamonde. O libro foi presentado na galería Sargadelos do Grove e tivo como padriño ó tamén escritor Ramón Caride. A obra, editada por Everest – Galicia, relata a historia dun avó, Plexiflai, que tras moitos anos no mar, decide volver á súa vila natal e alí dedicarse á construcción de enxeñosos aparellos e xoguetes novos con materiais tirados do lixo. Os seus netos axudaranlle a descubrir que o tempo só ten auténtico valor cando é un tempo compartido. E sobre isto o autor quere chamar a atención, sobre o déficit que existe hoxe en día nas demandas afectivas dos cativos. A historia nace dunha anécdota persoal, un festival infantil no colexio de San Tomé en Cambados no que actuaba a súa filla e ó que non puido ir.

    O mar e os pobos mariñeiros como Ribadeo ou Cambados están presentes na ambientación desta historia. Un conto dirixido a nenos moi pequenos para que llo lean os maiores. Nun primeiro momento non ía levar texto e o pouco que leva non conta todo o que se pode ver nas ilustracións. Nas imaxes agóchanse uns simpáticos personaxes que non foron convidados a participar nesta historia.

    Redacción Salnés