CAMBADOS> Cambados e Ribadumia actuarán no acceso do polígono industrial de Sete Pías para mellorar a seguridade viaria. As obras contarán cun investimento de 120.000 euros, financiados con fondos europeos a través da Xunta. Os concellos terán que achegar un 20%.
Pavimentar o vial dende a entrada do polígono de Sete Pías ata a nave do viveiro de empresas, instalar sumidoiros de pluviais para evitar anegamentos e realizar as sinalizacións pertinentes. Estas son as actuacións proxectadas por Cambados e Ribadumia no parque empresarial.
As actuacións arrincarán o vindeiro mércores, e suporán un investimento de 120.000 euros. Os cartos proceden de fondos europeos a través da Xunta de Galicia, e os concellos terán que achegar o 20%.
Os edís tamén advertiron de que os traballos afectarán á circulación rodada. Por iso, pediron paciencia aos empresarios e usuarios do polígono.
O obxectivo deste paquete de actuacións é mellorar a seguridade viaria do Polígono de Sete Pías.











