Paradela honra a San Gregorio cun bolo de Pascua de mais de 6000 ovos

    MEIS > Miles de persoas deron boa conta  o 23 de abril dos preto de 6000 ovos do Bolo de Pascua elaborado en Paradela, con motivo da festa de San Gregorio. Ademais, os veciños aproveitaron a festa para inaugurar a nova capela. A calor da fin de semana favoreceu a chegada de miles de visitantes, atraídos por unha das festas mais chamativas da comarca.

    festadobolo06_300_240406.jpgA parroquia de Paradela, en Meis, honrou a San Gregorio con este gran bolo de Pascua, que necesitou catro horas de forno e que puideron degustar miles de persoas no mediodía do domingo. A maquinaria comezou a traballar sen descanso, co pensamento posto no campo da festa no que San Gregorio sería honrado un ano máis con este delicioso manxar. Estes reposteiros coñecen o segredo para deixalo doce no seu punto, nin cru nin queimado. Foron necesarios 6100 ovos aproximadamente e 14 persoas, que comezaron a cocer ás seis e media da tarde.A bandexa pesaba ó redor de mil quilos.

    O domingo 23 de abril á unha da tarde comezaba a misa na nova capela. E tras ela, a procesión. As altas temperaturas, máis propias xa do verán, favoreceron a chegada de miles de persoas, atraídas polo arrecendo do doce pero tamén pola xornada festiva e de lecer que se prevía. (vuelve a recursos de fiesta con planos del bollo) Para xantar, todos puideron degustar o Bolo de Pascua, acompañado de churrasco e viño do país, polo módico prezo de 2 euros. Non houbo excusa para homenaxear ó Santo cunha xornada gastronómico do máis peculiar e que cada ano se consolida como unha cita turística de interese na provincia.

    Redacción Salnés