O sector do metal mobilízase para esixir á patronal melloras no seu convenio

VILAGARCÍA> Concentracións en Vilagarcía e Pontevedra dos delegados sindicais do sector do metal trala rotura das negociacións coa patronal. Os traballadores saen á rúa esixindo que as empresas temporais cumpran co convenio do metal e por outra parte que se lles aplique un incremento económico.

As tres centrais sindicais do sector do metal UXT, Ciga e comisións obreiras saíron ás rúas de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo para protestar pola rotura das negociacións coa patronal. Dende o sector presentan tres reclamacións prinicipais, a primeira delas é que as empresa de traballo temporal cumpra co convenio do metal.

Tamén piden melloras nas primas de eventualidade.

E a última das súas reivindicacións ten que ver co incremento económico.

O sector do metal engloba a máis de 4 mil traballadores na comarca do Salnés. Dende os sindicatos informan que foi a patronal a que rompeu as negociacións e que por iso saíron á rúa. Advirten que se non se acada un acordo, todos os traballadores sumaranse as mobilizacións nas vindeiras datas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí