Vivenda establecerá unha canle de información permanente co CECB

    BARBANZA > A Consellería de Vivenda e Solo organizará unha xornada sobre o Plan Galego de Vivenda e o Código Técnico da Edificación en Ribeira. Así llo confirmou a conselleira, Tareixa Táboas, ó presidente do Centro Empresarial da Construcción no transcurso dunha xuntanza na que a representante autonómica comprometeuse a abrir unha canle de información permanente coa asociación barbanzá para favorecer a construción de vivenda protexida na comarca.

    No transcurso da xuntanza, o presidente da patronal de constructores plantexoulle á Conselleira o descoñecemento existente en relación ós plans de protección autonómica no eido rural e as axudas para o acceso a unha vivenda. Tareixa Táboas amosouse moi receptiva coa pesticións de Jesús Lojo, comprometéndose a realizar unha xornada ténica en Ribeira para explicar ós membros do sector as medidas recollidas no Plan Galego de Vivenda así como as axudas para favorecer que os empresarios se impliquen na creación de vivenda protexida de calidade e integrada no territorio.

    A conselleira aclarou ademais que o Plan Galego de Vivenda equipara fiscalmente as vivendas de protección autonómica coas de protección oficial do estado, desfrutando das mesmas exencións fiscais  como son o imposto de actos xurídicos documentados e da transmisión patrimonial. Sen embargo, o Plan de Vivenda aprobado polo anterior goberno do PP non adoptou esta medida polo que as empresas que construiron dacordo a ese plan están recibindo a liquidación deses tributos.

    Na xornada informativa abordarase tamén o Código Técnico de Edificación recentemente aprobado polo goberno central que introduce unha serie de cambios importantes no sector da comstrución.

    Froito desta reunión, á que ademais dos representantes do CECB asistiron a directora xeral de Fomento e Calidade da Vicenda, Encarna Otero, e a voceira municipal do BNG, Dominga Bión, establecerase unha canle de información permanente entre a Consellería e o Centro Empresarial da Construcción. O obxectivo é implicar ós construtores na creación de vivenda protexida e no desenvolvemento dos plans parcias de cara a conquerir un urbanismo equilibrado en toda a comarca.

    Redacción Barbanza