Unha ducia de alumnos de Belas Artes participan en ‘Verde’

    SANXENXO > En Sanxenxo, continúa ‘Verde’, a cuarta convivencia artística que organiza Terra Sanxenxo e que este ano reúne a doce alumnos de Belas Artes de todo o territorio español. A estancia en Sanxenxo remata este sábado e para entón os artistas xa terán listas as súas obras, cun eixo en común, a cor verde.

    convivenciartisticaverdesanxenxo_300_250406.jpgUn total de doce estudiantes de Belas Artes participan estes días en Sanxenxo na convivencia artística Verde. Os mozos proceden de dez facultades de toda España e nesta cuarta edición están a desenvolver distintos proxectos e intercambiar experiencias.

    A estancia en Sanxenxo, organizada polo organismo municipal Terra Sanxenxo remata o vindeiro sábado. Os doce estudiantes foron seleccionados entre un grupo de 68 solicitudes presentadas, oito máis que na pasada edición, o que vén a significar, segundo os organizadores, a boa acollida que esta convivencia artística está tendo entre os artistas noveis.

    Nesta nova convocatoria participan dez mulleres e dous homes estudiantes de segundo e terceiro ciclo de Belas Artes das facultades de Murcia, Sevilla, Granada, Valencia, Madrid e Salamanca, Badajoz, Pontevedra, Bilbao e San Sebastián. O obxectivo desta convivencia é buscar novos talentos cos que abrir o Centro Municipal das Artes ó arte contemporáneo. De feito, as obras que realicen estes artistas incorporaranse logo ó patrimonio municipal. A cor verde, en tódalas súas posibilidades, será o eixo central dos traballos.

    Redacción Salnés