![]()
SANXENXO> Os afectados polas participacións preferentes e demais productos bancarios considerados tóxicos…
{flowplayer}images/salnes/concentracion_preferentes_portonovo.flv{/flowplayer}
… do Salnés volveron a manifestarse por enésima vez diante dunha sucursal bancaria de Novagalicia Banco. Desta volta a concentración tivo lugar diante da sucurcal de Portonovo en Sanxenxo, onde os afectados reclamaron que tódolos membros das plataformas de afectados tiveran acceso por igual á fórmula da arbitraxe. Unha petición que mesmo intentaron achegar estas últimas datas festivas ó Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, nas súas pequenas vacacións de Nadal neste Concello. Finalmente foron os escoltas do Presidente os únicos cos que puido falar esta moza e ós que trasladou o seu número de contacto, á espera de que o propio Rajoy chegue a interesarse pola súa causa.
E é que entre os afectados volvemos a atoparnos casos dramáticos que presuntamente van moito máis aló do reparable mediante a fórmula da arbitraxe como o feito de “colocarlle” preferentes a un rapaz de dez anos e ó seu pai case analfabeto.
Malia as continúas protestas, os afectados denuncian que seguen a repetirse vendas destes productos tóxicos nos últimos meses; mesmo hai quen aseguran que o enganaron este mesmo ano namentres se sucedían as manifestacións nas rúas.
Desde Portonovo coincidiron en apoiar o peche dos afectados de Boiro na Casa Consistorial deste Concello. Aseguran que calquera medida é válida para reclamar o apoio dos políticos posto que só eles son quen de axudalos.
Outros que si se van a quedar sen nada son os accionistas de Novagalicia Banco. O FROB vai a facerse co control do 100 % desta entidade bancaria que ven de ser valorada en menos 3.091 millóns de euros. Esto será posible a partires de que Novagalicia se libere dos seus activos inmobiliarios tóxicos.
Redacción Salnés








