Os motores dunhas 300 motos ruxirán en Cambados en favor de GaliciAme

CAMBADOS> Os motores dunhas 300 motos ruxirán en Cambados por unha causa solidaria. A vila vai acolle-la primeira edición do Encontro Moteiro Solidario con GaliciAme. A cita complétase, ademais, con actuacións musicais, gastronomía e mesmo un estudo móbil de tatuaxes.

O vindeiro 13 de xaneiro en Cambados van manda-las motos. A vila vai acoller o primeiro Encontro Moterio Solidario con GaliciAme. Na cita van participar uns 300 motoristas, nunha intensa xornada que se prolongará durante boa parte do día.

O Encontro estará cheo de actividades paralelas, con actuacións musicais de Sabela Silva e o grupo Treboada Rock, stands de comida e mesmo un estudo móbil de tatuaxes. Outra proposta solidaria ten como protagonista o pelo.

A xornada ten un marcado ton solidario. Toda axuda é pouca á hora dar coa cura para atrofia muscular espiñal. A investigación, polo de agora, continúa a bo ritmo, grazas á axuda desisteresada de moitas persoas anónimas.

A primeira concentración moteira solidaria está organizada polo Club Motos Vellas do Salnés e o Concello de Cambados, coa colaboración doutros setes clubes moteiros da comarca e arredores.