![]()
MEIS> En Meis xa contan os días para a celebración dunha das súas festas máis populares. O vindeiro domingo día 10 o campo da feira acollerá a vixésimo sexta edición da Festa dos Callos. Pero as celebracións non se limitan a eses días, e a programación arrincará este mesmo domingo coa novena Feira Labrega.
Os meisinos recibirán o mes de xullo cun bo prato de callos. A festa xa é unha das máis populares do concello, e este ano celebrarase o vindeiro domingo día 10.
E iso que a celebración ten o listón moi alto. O ano pasado vendéronse ao redor de 5 mil racións desta potaxe a un prezo de seis euros. Pero este ano, aumentarase a cantidade.
A festa enmárcase na Festividade de San Cristovo, que inclúe un variado programa de actividades. Música, propostas para todas as idades e deporte non faltarán á cita. De feito, Meis repetirá a súa Ruta BTT Festa dos Callos, que xa cumpre a terceira edición.
Os máis impacientes non terán que agardar ata o día 10 para arrincar a festa en Meis. Este domingo o concello acollerá a Feira Labrega a partires das 10 da mañá.
O pregón celebrarase o xoves día 7, e correrá a cargo das humoristas As Lerchas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/ptac_festa_callos_meis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/ptac_festa_callos_meis.mp4{/flowplayer}









