400 mil euros para estuda-los marcadores xenéticos do mexillón galego

    VILAGARCÍA > A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, realizou hoxe unha doble visita a Vilagarcía. A primeira hora estivo na casa consistorial, onde asinou no libro de honra e se reuniu co equipo de goberno. A continuación a conselleira desprazouse ata a sede do Consello Regulador Mexilón de Galicia para asinar un convenio co seu presidente.

    carmengallegovilagarcia_300_260406.jpgCarmen Gallego e Ramón Dios asinaron un convenio de colaboración de case 400 mil euros para estuda-los marcadores xenéticos que identifican ó mexillón galego. Deste xeito poderase diferenciar o noso producto en calquera parte do mundo. Pero ademais dáselle un impulso ó laboratorio do Consello.

    Esto será fundamental de cara a consegui-la Denominación de Orixe Protexida, o que a conselleira espera que ocorra este mesmo ano. Pero tamén podería se-lo despegue definitivo para un sector completamente desmembrado por loitas internas.

    Neste senso volveu saír hoxe o tema das alertas sanitarias en Italia utilizadas políticamente polo PP. Unha cuestión que segundo a conselleira está zanxada por falla de probas e que para o Consello Regulador podería ser incluso constitutiva de delicto.

    Pero a conselleira de Pesca tamén se referiu á situación dos mariscadores tralos temporais de marzo que provocaron a morte masiva dalgunhas especies. Carmen Gallego asegura que a Consellería está a estudar as verdadeiras consecuencias destes temporais e o índice de perda de producto de cara a axudar ás zonas afectadas. Pero tamén anunciou que están traballando nun seguro que lle dará un respaldo ó sector para futuras catástrofes naturais.

    Redacción Salnés