Xunta e comunidades de montes van da man para previr os lumes forestais

    CUNTIS> Aínda que non estamos en tempada de lumes, as comunidades de montes están traballando xa nas tarefas de prevención. Aquí contan coa colaboración estreita da Xunta de Galicia que no ano 2014 investiu na provincia de Pontevedra un millón de euros para previr e loitar contra o lume. Hoxe, o delegado territorial da Xunta comprobou sobre o terreo os traballos das comunidades de montes de Cuntis e Campo Lameiro.

     O delegado territorial da Xunta en Pontevedra percorreu os terreos das comunidades de montes de Cuntis e Campo Lameiro, co obxectivo de comprobar os traballos realizados en materia de prevención.

    Os cartos destináronse para tarefas de rozas e limpeza do monte, intervencións fundamentais para loitar contra o lume.

    Xunto a José Ferro, estiveron outros tres presidentes de comunidades de montes de Cuntis e Campo Lameiro. As catro organizacións agrupáronse para optar ás axudas da Xunta; unha colaboración que destacou o delegado e tamén o alcalde de Cuntis.

    Cores Tourís destacou que en 2014 a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra un millón de euros dos máis de 3 millóns dispoñibles para toda Galicia, cos que financiou 110 actuacións destinadas á prevención. 

    Este ano, a aposta será aínda maior: a Xunta prevé ata 8 millóns de euros para a construción de puntos de auga e a redución da carga de combustible en toda a comunidade.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/11/prevencion_lumes_cuntis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/11/prevencion_lumes_cuntis.mp4{/flowplayer}