Centos de romeiros honran a Santa Marta en Pontearnelas

    VILANOVA> Hoxe é o día de Santa Marta, unha efeméride que se celebra ano tras ano en Pontearnelas, entre os Concellos de Vilanova, Cambados e Ribadumia. Ata aquí acudiron centos de romeiros á pedir a intercesión da virxe contra os males de oído.

    Centos de fieis acudiron hoxe ós oficios relixiosos que se celebraron na honra de Santa Marta, na capela de Pontearnelas. Aquí, é tradición ofrecerse polo mal de oídos aínda que a santa tamén atende outro tipo de petitorias. Corte 1: o que hai que facer en santa marta A xornada de festa comeza á mañá cas misas e logo complétase ca degustación do polbo nas carpas instaladas no entorno de Pontearnelas; para continuar pola tarde con máis oficios relixiosos e pola noite ca verbena neste céntrico lugar do Salnés, situado estratexicamente entre os Concellos de Vilanova, Ribadumia e Cambados. Os asistentes proviñan sobre todo da comarca do Salnés, aínda que tamén nos encontramos con xente doutros moitos lugares. Con todo, a afluencia este ano foi menor ca doutras anualidades dado que coincidiu no medio da semana. Para os que non viñeron este ano, tomen nota do que hai que facer para sucesivas ocasións.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/29/santa_marta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/29/festas_santa_marta.mp4{/flowplayer}